Mala ciencia: aprender ciencia dos xornais Teach article

Traducido por Jorge J Pérez-Maceira. Cando les o xornal, sabes que crer? Ed Walsh guíache a ti e os teus estudantes a través do campo da ciencia na prensa.

Imaxe cortesía de Selitbul /
iStockphoto

A ciencia está ao noso redor, pero tamén a pseudociencia. Somos moi poucos os que lemos os artigos científicos orixinais que están detrás da historias de ciencia, entón, que podemos crer? E, por que non son fiables todas as noticias de ciencia que aparecen en prensa? Nesta actividade de clase pretendese ensinar aos estudantes:

  • A diferenza entre os estudios observacionais e os de intervención (ensaios)
     
  • A necesidade de ler criticamente as noticias sobre as investigacións que relacionan diferentes aspectos das dietas coa saúde.
     
  • Que a decisión dun cambio no estilo de vida depende a miúdo dun conxunto de factores.
Gothenburg, Suecia
Imaxe cortesía de jaime.silva;
fonte da imaxe: Flickr

Introdución

  1. Propón aos teus alumnos que imaxinen que decidiron emigrar. Van vivir e traballar nun dos seguintes lugares: Suecia/Grecia rural/Melbourne, Australia. Mostrar imaxes destas rexiónsw1.
  2. En pequenos grupos, eles deben discutir todas as cousas que porían ser diferentes acerca de vivir en eses lugares, como a contaminación, a dieta, a saúde, o estilo de vida, a prosperidade, os tipos de traballo, e o clima.
  3. Explica que tras uns anos, as engurras da pel poderase medir, moi cientificamente. Que factores dos que mencionaron poderían afectas á cantidade de engurras que podamos desenvolver? Ten que quedar claro que non dependerá de só un factor.

É a miúdo difícil atopar cal das posibles causas é a responsable dun efecto, como as engurras na pel, sobre todo si esas causas están interrelacionadas. Nun estudio científico inténtase modificar só unha variable cada vez. Ás veces non é sinxelo e neses casos hai que considerar os erros que podemos cometer ou, ata, deseñar outro tipo de experimento.

Actividade principal

Grecia rural
Imaxe cortesía de venetia
koussia; fonte da imaxe: Flickr
  1. Os estudantes teñen que imaxinar que traballan como científicos e solicitáronlles realizar unha investigación sobre o uso de aceite de oliva na dieta como medio para reducir a aparición de engurras na pel. A hipótese de partida é “a maior consumo de aceite de oliva, menor número de engurras”.
  1. Os alumnos teñen que decidir como poderían suscitar esta investigación. Os temas sobre os que teñen que pensar son:
    • O número de individuos nas mostras
    • Como medir adecuadamente
    • Como controlar as variables.
  2. Que problemas poden xurdir para realizar a investigación?

Deixa claro aos teus alumnos que hai dous tipos de estudios científicos para contestar estas preguntas, os estudos observacionais e os estudos intervención. Nos estudos observacionais son cando os científicos encontran persoas que xa tiveron o cambio, están estudando as súas vidas (por exemplo quen tomou aceite de oliva e quen non?).

Melbourne, Australia
Imaxe cortesía de Oliver
Brunner; fonte da imaxe:
pixelio.de
  1. Preguntarlle os estudantes que analicen as vantaxes e desvantaxes deste tipo de estudo.
    Hai que subliñar que os estudos observacionais baséanse en sucesos que xa existen por iso son tan baratos e fáciles de realizar, pero teñen que considerar variables illadas. Pode suceder que os individuos do estudo utilicen cantidades diferentes de aceite de oliva nas súas dietas, pero seguro que tamén hai outras diferenzas entre eles. Polo tanto é moi difícil aclarar ata que punto o aceite de oliva é un factor significativo na prevención de engurras.

Explicar que os estudos con intervención (“ensaios”) son cando os científicos controlas as variables (por exemplo, quen inclúe aceite de oliva na súa dieta e quen non).

  1. De novo, preguntarlle a súa opinión sobre as vantaxes e desvantaxes deses tipos de estudos.
    Non habería que esquecer que os estudos de intervención ofrecen un control das variables máis preciso e que a elección dos grupos pode ser equilibrada e así se eliminan outras variables. Sen embargo, son máis caros de facer e nalgúns casos poden ter problemas éticos, por exemplo nunha investigación sobre o tabaco. Ademais poden ser máis longo no tempo: si ti queres examinar o efecto de un vida comendo aceite de oliva na esperanza de vida, terías que comezar con nenos e esperar uns 70 anos ata obter datos.
  1. Volvemos ás investigacións suxeridas polos alumnos e preguntámoslles que tipos de estudos usarían.
Pode o consumo de aceite de
oliva deter a aparición de
engurras?

Imaxe cortesía de James
Peacock; fonte da imaxe: Flickr

 

Explicamos que en 2001 se levou a cabo unha investigación sobre as engurras na pel de persoas que vivían en Suecia, Grecia e Australia, e que agora imos compartir os resultados. En función da idade e madurez dos alumnos, podes optar por un (ou máis) das tres formas:

  • Explicar oralmente anotando os puntos importantes no encerado
     
  • Proporcionar aos alumnos copias dos resultados (Folla de traballo 1 que tamén pode descargarsew2)
     
  • Repartir copias da investigación (br Purba et al., 2001).
     
  1. Pregunta os estudantes que traballen en grupos para entender os resultados da investigación.
     
  • É un estudo observacional ou de intervención?
  • O estudo atopou unha relación entre as dietas dos individuos e a cantidade de engurras na súa pel. E podería ser porque as dietas diferentes provocan diferente cantidade de engurras. Pero, existen explicacións alternativas? Deberiamos analizar por separado outros factores como a clase social, o que traballen ou non ao aire libre, a exposición ao sol, o tabaquismo, e así sucesivamente? (Nesta situación, os científicos chaman a estas explicación alternativas “factores de confusión”.)
  • O estudo demostraba que cambiando a túa dieta podías diminuír a cantidade de engurras?
     
Imaxe cortesía de Helene
Souza; fonte da imaxe:
pixelio.de
  1. Pide aos estudantes que traballan en pequenos grupos. Cada grupo ten que escribir un breve texto (non máis de 50 palabras) para un xornal local informando do estudo.

    O editor deixoulles claro que ten que ser un artigo atractivo no que expliquen aos lectores como poden gozar do verán de xeito saudable. Manter o editor contento non é fácil porque a investigación ten os seus defectos e non da unha resposta clara. Os textos poden escribirse en letra grande en cartolinas para mostralos no aula.

  2. Pide aos teus alumnos que avalíen o traballo dos seus compañeiros con dúas notas (sobre cinco): unha sobre “que interesante é” e a outra sobre “canto se parece ou canto é fiel ao orixinal”.
     
  3.  
    Imaxe cortesía de wrw; fonte
    da imaxe: pixelio.de

    Mostrar aos alumnos el extracto de Daily Mirror (‘Sun protection on a plate’, folla de traballo 2 que pode descargarse no enlace do finalw2), que forma parte dun artigo con consellos para mellorar a dieta. Pide aos alumnos que discutan si a conclusión do artigo é razoable. Insiste en que non estamos dicindo que o aceite de oliva non sexa bo, senón si a conclusión está totalmente xustificada.

    Algúns alumnos poden pensar que as novas expresadas no bo consello dun artigo científico más ben seco é accesible a unha ampla gama de persoas. Outros poden pensar que non é tan simple como iso, e que se queres unha pel suave na vellez é posible que teña que facer un pouco máis que consumir más aceite de oliva. Algunhas poden pensar que a simplificación da historia para facela accesible, e deixando de lado as cautelas, tamén se ha deixado enganar.
     

  4. Chamar a atención sobre o resumen do traballo de investigación que di: “Este estudo demostra que as engurras da pel nun sitio exposto ó sol nas persoas maiores de diversos orixes étnicos poden estar influídos polos tipos de alimentos consumidos.” Recordar aos estudantes das variables de confusión que se identificaron anteriormente neste lección e pedirlles que na medida que sexa un informe ou que as recoñezan no Daily Mirror.
     
  5. Pida aos estudantes que traballen en parellas para enumerar os pros e os contras dos estudos observacionais e de intervención.

 

Nunha votación a man alzada – si os estudantes viron o titular de un xornal de mañá, “Scientific study shows butter causes skin cancer” (O estudo científico mostra que a manteiga causa o cancro de pel), deixarían de comer manteiga de inmediato?

Folla do alumno 1: Resumo das conclusións de un artigo de investigación

Este estudio (br Purba et al., 2001) pretendía pescudar si existe correlación entre a inxesta de determinados alimentos e nutrintes e a aparición de engurras na pel de zonas do corpo expostas habitualmente ao sol.

O traballo incluía catro grupos:

Grupo 1: 177 persoas nadas en Grecia que vivían en Melbourne, Australia

Grupo 2: 69 persoas nadas en Grecia e que viven na Grecia rural

Grupo 3: 48 australianos de orixe anglo-celtas que viven en Melbourne

Grupo 4: 159 persoas nadas y residentes en Suecia.

Todos eles participaban no estudo “Food habits in later life” (Hábitos alimentarios na idade madura) da International Union of Nutritional Sciences (Unión Internacional de Ciencias Nutricionais) e facíase un seguimento da súa dieta e revisións dermatolóxicas.

The results showed that Group 4 had the least skin wrinkling in a sun-exposed site, followed by groups 1, 2 and 3. Analysis of the data and identifying correlation with food groups suggested that there may be less skin damage amongst people with a higher intake of vegetables, olive oil, fish and legumes, and lower intakes of butter and margarine, milk products and sugar products.

Unha alta inxesta de verduras, legumes e aceite de oliva parecen protexer a pel da aparición de engurras, mentres que unha inxesta elevada de carne e manteiga parecen ter o efecto oposto.

Esta investigación ilustra que as engurras na pel en zonas expostas ao sol entre xente madura de diferente procedencia étnica pode estar influída polo tipo de alimentos consumidos.

 

Folla do alumno 2: artigo Daily Mirror

!Protección solar no prato!

Por Angela Dowden 13/06/2006

Protexerse contra a radiación solar é vital cando se alcanzan temperaturas récord. Estes son os alimentos que che poden axudar…

Uns sinxelos cambios na túa dieta poden axudarche a protexer a túa pel das queimaduras do sol, do envellecemento e ata do cancro. Por suposto, ten que seguir usando tamén o seu protector solar e un sombreiro e estar na sombra durante a calor do día, pero así podes incorporar algo de SPF (sun-protection factor, factores de protección solar) na túa comida…

Aceite de Oliva

Un estudo australiano de 2001 concluíu que o aceite de oliva (combinado con froita, vexetais e legumes) ofrecía unha protección medible fronte á aparición de engurras na pel. Tomar máis aceite de oliva usándoo no aliño da ensalada ou mollar pan substituíndo á manteiga.

 

Bad Science (Mala ciencia) é boa para a escola da ciencia

Bad Science (Mala Ciencia) é un libro (Goldacre, 2008), unha columna xornalística no The Guardian e unha páxina webw3 de Ben Goldacre, un escritor galardoado e locutor que se especializa en andarse cuestionando afirmacións feitas polos xornalistas alarmistas, os informes pouco fiables do goberno, as diabólicas corporacións farmacéuticas, as compañías de relacións públicas e os charlatáns. Promove un san escepticismo, como unha forma de detectar os usos de gran alcance e eficaces da ciencia e os seus malos usos e abusos.

Ed Walsh, conselleiro científico de Cornwall Learning (N.T.: Literal: “Cornéalles de aprendizaxe”) tomou oito dos casos de estudo do libro e os converteu en leccións para motivar aos estudantes (idade 14-16) e para animalos a que pensen por si mesmos e utilicen o enfoque de Bad Science. Para descargar o resto dos materiais de ensinanza, visite a páxina de Bad Science for Schools websitew4.


 


References

  • br Purba, M et al. (2001) Skin wrinkling: can food make a difference? Journal of the American College of Nutrition 20(1): 71–80
  • Goldacre B (2008) Bad Science. London, UK: Harper Collins. ISBN: 9780007240197

Web References

  • w1 – Una folla de traballo cás imaxes da Grecia rural, Melbourne e Suecia usadas neste artigo poden ser descargados aquí en formato Word® ou PDF format.
  • w2 – Pode descargar as follas de traballo aquí:
    • Folla de traballo 1 en formato Word® ou PDF
    • Folla de traballo 2 en formato Word® ou PDF
  • w3 – Para ler a columna de Ben Goldacre no xornal, visite o sitio web Bad Science: www.badscience.net
  • w4 – Para descargar as oito unidades didácticas “Bad science for schools” (A mala ciencia para as escolas), visite: www.collinsnewgcsescience.co.uk/badscience

Resources

Author(s)

Ed Walsh é un desenrolador de programas de estudos con experiencia de traballo con profesores, escolas, autoridades locais e axencias nacionais. Como asesor científico de Cornwall Learning (Cornéalles de aprendizaxe) ofrece apoio e orientación ás escolas en Cornéalles, Reino Unido, sobre o desenrolo do currículo en xera e a ciencia en particular, incluíndo a redacción e edición de material para uno na aula e apoio do profesorado.

Review

Este artigo permite que os alumnos aprendan a analizar cientificamente o que len nos xornais. Comeza cunha actividade de xogo de rol que fomenta a reflexión e a discusión en grupo. A actividade relaciona a saúde e a dixestión polo que a fai apropiada para bioloxía, pero a estrutura da actividade fai adecuada para promover o pensamento crítico en calquera clase de ciencias.

A actividade é valida para alumnos de 14-16 anos tal e como está descrita. Para alumnos máis novos (11-13 anos), o artigo podería animar ao profesor a utilizar con cautela as informacións científicas que conteñen os medios de comunicación ou como punto de partida para discutir temas relacionados co currículo.

Ao finalizar a clase é posible que a discusión en grupo vaia máis lonxe que o propio currículo, ao tratar os problemas das dietas non saudables, o abuso do sol ou a cirurxía estética.

Stephanie Maggi-Pulis, Malta

License

CC-BY-NC-SA