|
Categories:
Topics:
Tools
Paxaros á carreira: ¿Qué fai que os avestruces sexan tan rápidas?Submitted by minh on 13 April 2012
Traducido por Jorge J. Pérez-Maceira
A evolución resolveu o desafío de avanzar en dúas patas de dous xeitos: os seres humanos somos plantígrados (poñemos todo o pé no chan cando camiñamos ou corremos), mentres que as aves son dixitígrados (que camiñas sobre os dedos ou díxitos). Algunhas especies de aves poden correr non só máis rápido que os humanos, si non máis rápido que os seus equivalentes voando. O máis rápido corredor de longa distancia é o avestruz africano (Struthio camelus). A uns estables 60 km/h con velocidades máximas superiores a 70 km/h, poderían correr os 42 km do maratón Olímpico en 40 minutos en lugar das dúas horas que necesita un ser humano. Esta extraordinaria combinación de velocidade e resistencia permite ao avestruz cubrir grandes distancias en busca de pastos frescos ou deixar atrás ás hienas famentas.
Maximizar a velocidade: as pernas longas e lixeiras Nun animal correndo, as velocidades máis altas conséguense mediante o aumento da lonxitude e da frecuencia de pasos. As pernas máis longas poden oscilar aínda máis, e si a masa da perna do músculo está localizada proximalmente (cerca do corpo), a pata pode oscilar máis rápido, da mesma xeito que o movemento do peso axustable dun metrónomo preto do pivote aumenta o tempo. ![]() Figura 1: Lonxitude dos segmentos lineais das patas; n indica o número de especímenes examinados. Parte oscilante da pata: Óso da coxa (en posición horizontal): azul escuro Óso da espinilla: azul pálido Tarsometatarso: laranxa pálido Dedo principal do pé: laranxa escuro. Faga clic na imaxe para ampliar Imaxe cortesía de Nina Schaller Ñandú, Rhea americana Imaxe cortesía de Quartl; orixe da imaxe: Wikimedia Commons Ñandú de Darwin, Pterocnemia pennata Imaxe cortesía de Jennifer Bergk; orixe da imaxe: Wikimedia Commons Emu, Dromaius novaehollandiae Imaxe cortesía de Quartl; orixe da imaxe: Wikimedia Commons Casuario, Casuarius casuarius Imaxe cortesía de Dezidor; orixe da imaxe: Wikimedia Commons Kiwi, Apteryx mantelli Imaxe cortesía de the Maungatautari Ecological Island Trust; orixe da imaxe: Wikimedia Commons O correcaminos maior, Geococcyx californianus Imaxe cortesía de Back1a5h; orixe da imaxe: Wikimedia Commons Pé de Casuario Imaxe cortesía de Bjørn Christian Tørrissen; orixe da imaxe: Wikimedia Commons Para investigar este principio, comparei a lonxitude dos segmentos da perna (Figura 1) e a distribución da masa muscular mentres corrían rápidamente, de aves que habitan no chan. De todas as aves corredoras, o avestruz posúe as pernas máis longas en relación ao seu tamaño e ten a maior lonxitude de paso cando corren: 5m. Ademais, a un grado maior que outras especies de aves, teñen a maioría da musculatura das patas localizada moi arriba no óso da coxa e a cadeira, mentres que os elementos inferiores oscilantes da súa perna son comparativamente lixeiros, movidos por tendóns longos e reducidos en masa (Figura 2). Esta disposición optimiza a pata do avestruz para a locomoción a alta velocidade, dándolle tanto un paso longo como unha frecuencia de paso alta. ![]() Figura 2: Anatomía comparada entre as pernas humanas e as patas da avestruz: en aves, o óso entre o tobillo e os dedos, os metatarsos, é moito maior que nos seres humanos, e serve como equivalente funcional ao noso óso da espininlla. A articulación do tobillo nas aves atópase ao mesmo nivel que o noso xeonllo, o que explica por que as aves parecen flexionar o cóbado ao revés. O seu articulación do xeonllo real, queda oculta baixo o seu plumaje e conéctase á articulación da cadeira a través dun óso curto e horizontal. As liñas vermellas conectan os puntos anatómicamente equivalentes; as liñas verdes conectan as articulaciones funcionalmente equivalentes. No avestruz, a masa muscular concéntrase na parte superior da perna; mentres que os tendóns longos predominan nas rexións máis baixas. As áreas sombreadas mostran a distribución da masa muscular importante, as liñas azuis indican a ubicación dos tendóns principais. Faga clic na imaxe para ampliar Imaxe cortesía de Nina Schaller Maximizar a resistencia: as articulacións estables Unha ampla gama de movementos da articulación permite aos seres humanos subir ás árbores ou bailar ballet, pero esta flexibilidad ten un costo. Cando corremos, a forza muscular utilízase para a propulsión, pero tamén para evitar o movemento lateral das articulaciones, o que aumenta as nosas necesidades de enerxía sobre unha distancia dada. Eu sospeitaba que os avestruces tiñan un enfoque máis eficiente. Este experimento demostrou que o aforro de enerxía metabólica mediante ligamentos como un mecanismo pasivo-estabilizador da perna é unha excelente estratexia de resistencia locomotriz. Toma de contacto co chan
A altas velocidades, as plantas dos pés amortiguan suavemente as tensións do impacto, mentres que o resorte da postura no bico dos pés actúa como un amortiguador adicional do impacto (flechas vermellas na Figura 4). A garra apenas fai contacto co chan durante a marcha, pero exerce presións de ata 40 kg/cm² cando o ave corre. A garra penetra no chan como un pico de martillo para asegurar un agarre fiable a 70 km/h – velocidade máxima con minimización de enerxía, ideal para a carreira de resistencia no nivel de chan da sabana africana (Figura 5). Aplicacións prácticas A miña investigación percorreu un longo camiño para mellor nosa compresión de como o avestruz corre tan rápido durante tanto tempo. Agora que entendemos estas estratexias biomecánicas, perfeccionadas máis de 60 millóns de anos de evolución, podemos ser capaces de adaptalas nas novas tecnoloxías como robótica bípeda, sistemas de suspensión, e en inxeniería de estabilización común. Xa, algúns dos meus achados inspiraron aos desarrolladores de prótesis “intelixentes” humana spara adaptarse ás características das patas e dos pés dos avestruces, que pode permitir a amputados unha gama máis ampla da función e a maniobrabilidad. Recursos As “Confesións dun avestruz” danse o punto de vista do avestruz, e inclúense enlaces a outros recursos. Ver: http://tolweb.org/treehouses/?treehouse_id=3303 Esta lección introductoria sobre avestruces consiste nun ensaio e un concurso para os estudantes. É adecuado para primeiro ciclo de secundaria. Ver: www.lessonsnips.com/lesson/ostriches Unha actividade similar para alumnos de primaria pódese atopar aquí: www.enchantedlearning.com/subjects/birds/printouts/Ostrichquiz.shtml A “National Geographic kids” ten unha páxina multimedia de “Creature Features” (Características de criaturas) dos avestruces. Ver: http://kids.nationalgeographic.com/kids/animals/ Para unha introdución á biomecánica do camiñar, ver: www.pt.ntu.edu.tw/hmchai/BM03/BMClinic/Walk.htm As actividades da Sociedade para a Biología Comparada e Integral (Society for Integrative and Comparative Biology) sobre a biomecánica de ósos e articulaciones foron desenvolvidas para os estudantes universitarios, pero pódense adaptar fácilmente para os estudantes de cursos máis altos de secundaria. Para construír os modelos das articulaciones, consulte: www.sicb.org/dl/biomechanicsdetails.php3?id=19 Para ter unha visión de diapositivas da locomoción humana e a súa biomecánica, con vínculos co deporte, ver: http://tinyurl.com/c2yrxca
Si che gustou a lectura deste artículo, gustarache ver a colección completa de artigos científicos de vangarda publicados en Science in School. Ver: www.scienceinschool.org/cuttingedge Logo de terminar os seus estudos de bioloxía na Universidade de Heidelberg, Alemania, Nina Schaller ofreceuse voluntaria no Zoolóxico de Frankfurt, onde un excepcionalmente amable avestruz espertou o seu interese neste vertebrado terrestre único. Durante os últimos nove anos, estudou a forma de correr sen precedentes do ave viviente máis grande. Ela abriu en campo cos avestruces e colaborou con universidades e institucións de investigación en Amberes, Bélgica; Viena, Austria; Frankfurt e Múnich, Alemania; e Toronto, Canadá. O enfoque interdisciplinario de Nina levou ao descubrimento das estratexias de conservación da enerxía que explican como o avestruz gestiona a vida no carril rápido. Revisión A declaración sorprendente, pero obvia, que “os paxaros e os humanos son os únicos bípedos verdadeiros” dá conta da investigación que Nina Schaller estivo facendo durante case unha década. Ela ofrécenos unha imaxe da aproximación multidisciplinar a un fenómeno complexo – a velocidade excepcional e a resistencia do avestruz – a investigación da biomecánica e a eficiencia do funcionamento do ave por medio da anatomía (disección) e a fisioloxía (estudo funcional). Os recursos que aparecen, ademais, proporcionan unha gran cantidade de material de información e ensino sobre o avestruz e a locomoción humana. O artigo sería unha forma interesante e útil para abordar temas da bioloxía (biomecánica – ósos, músculos, tendóns e ligamentos; evolución – homoloxía e analoxía) e física (eficiencia, forza, velocidade, resortes e movemento), tanto en ensino secundario como en bachillerato. Por exemplo, podería ser utilizado para facer fronte á biomecánica do camiñar e correr de diferentes especies, a evolución da locomoción bípeda nas aves e os seres humanos, e os aspectos funcionales das prótesis de membros inferiores (por exemplo os utilizados polo corredor de spring Oscar Pistorius). Tamén podería proporcionar valiosa lectura de fondo antes dunha visita a un museo de historia natural ou un zoo, ou a un laboratorio de robótica. Inclúense preguntas adecuadas de compresión :
Giulia Realdon, Italia
|